Respira
cos produtores

Aproveita ao máximo a venda da túa enerxía!

  • Axudamos a todos os produtores que non xeran CO₂ na xestión económica da súa instalación.
  • Simplificamos os trámites para que poidan vender a súa enerxía no mercado maiorista, contribuíndo así a un futuro máis sostible.
  • Ofrecemos un trato personalizado e unha remuneración extra pola súa produción limpa e libre de contaminación.
  • Encargámonos de facilitar a xestión e reducir a complexidade para que poidas vendela no mercado con total comodidade.

Que inclúe o noso servizo?

Connosco, a venda de enerxía é máis fácil e eficiente.
Maximiza a rendibilidade das súas instalacións de produción de enerxía renovable.

Representación ante OMIE e REE.

Representación directa ou indirecta ante a CNMC.

Liquidación da Retribución Específica (se procede).

Xestión integral da facturación.

Servizo de previsións que elimina ao 100% o custo das desviacións.

Tramitación de posibles reclamacións de medida.

Atención e soporte aos produtores e produtoras.

Tramitación da expedición e transferencia das GdO.

Tarifas retributivas

  • RESPIRA ofrece a todos os produtores de enerxía eléctrica que non utilizan combustibles fósiles a xestión da venda e o cobro da electricidade que xeran. Dispoñemos de tecnoloxía adaptada a todo tipo de produtores que non xeran CO₂ para eliminar os seus custos de desvío mediante bos algoritmos de previsión de enerxía. Ademais, ofrecemos aos grandes produtores tecnoloxía de integración mediante servizos web para compartir e xestionar correctamente a información enerxética e económica.

As nosas
vantaxes
diferenciais

  • Simplificación no proceso de cobro: Nunha única factura inclúese toda a información do período facturado, evitando reliquidacións innecesarias.
  • Balance enerxético detallado: Cada factura mensual inclúe información adicional para axudar a xestionar correctamente a instalación.
  • Custos de xestión competitivos: Ofrecemos tarifas moi axustadas e a posibilidade de cubrir total ou case integramente os custos das desviacións.

Traballamos para impulsar un futuro máis sostible representando a produtores de enerxía 100% renovable:

  • Plantas
    solares
  • Centrais
    hidráulicas
  • Centrais
    eólicas
  • Planta
    de biogás

Contacta connosco

Se queres recibir unha oferta para a xestión da túa instalación, contacta connosco enchendo o formulario, para explicarnos o teu proxecto e en breve contactaremos contigo.

GAL Contacto claro

Tamaño máximo do ficheiro: 2MB

Privacidade